lunes, 23 de enero de 2012

Unha pausa para a nostalxia

   No mundo da publicidade todo é rápido, moderno e punteiro. A creatividade e a orixinalidade son dous termos imperantes en tódolos traballos. 


   Nos tempos 2.0 moitas veces esquecémonos do pasado, das antigas axencias, do nacemento do cartel moderno, dos primeiros spots, que eran en branco e negro, e de cómo eses Mad Mens tiñan que buscarse a vida con moitos menos recursos.
   Por un momento, sexamos nostñalxicos e lembremos grandes obras.

Toulouse Lautrec

Alphonse Mucha
Cassandre

Alexey Brodovitch

Irving Penn

Bernbach

Saul Bass

   A nostalxia é boa se che axuda a ter novas ideas.

jueves, 19 de enero de 2012

Volkswagen xoga duro

   Parece que a Volkswagen lle gusta ó lado escuro, pois volve a repetir o leitmotiv de Star Wars para o lanzamento do teaser pre-Super Bowl.


   Se no anterior spot era un neno vestido de Darth Vader o que buscaba a súa forza interior, neste son un coro de cans os que invocan o lado escuro a golpe de Marcha Imperial versión ladrido.


lunes, 16 de enero de 2012

Vallas que "se saen"

   Selección de vallas "que se saen" do normal mediante a aplicación de obxectos tridimensionais e efectos especiais.


   ¿Quen dixo que a publicidade exterior morrera?

















lunes, 2 de enero de 2012

Mira máis alá da portada

   Aínda que son de sobra coñecidas as propiedades milagrosas que a maquillaxe pode ter sobre un rostro arrugas, acné, e todo tipo de inclemencias, esta vez a marca de cosméticos L`Oreal superouse coa axuda da axencia canadiense Agence Tuxedo.

   Para promocionar  Dermablend, un maquillaxe correctivo, creou un vídeo no que utiliza ó modelo e artista Zombie Boy; que se fixo archifamoso gracias ó vídeo Born this Way, de Lady Gaga.


   Nun principio un tipo co corpo tatuado non ten nada que ver cunha marca de cosmética, a non ser que o reto sexa cubrilo de maquillaxe correctora e deixalo cunha cute impecable.


   Así, mediante o lema "Como xuzgas un libro? Vai máis alá da portada", preséntase un incrible vídeo no que Zombie Boy pasa a ser por unhas horas Rick Genest.