martes, 29 de noviembre de 2011

des-control!

Campaña para a marca de preservativos Control baseada en letras de cancións. Proxecto de master.




Tamén en Malanécora

lunes, 28 de noviembre de 2011

miércoles, 23 de noviembre de 2011

A homenaxe de Saint Laurent


   A Fundación Mapfre recolle dende o 6 de outubro unha exposición sobre o famoso modisto Ives Saint Laurent, no que se atopan algunhas das creacións coas que o deseñador quixo render homenaxe a algúns dos artistas máis representativos do século pasado.



Deseños inspirados no popart de Andy Warhol

Homenaxe a Tom Wesselman (abaixo cunha das súas obras)



Homenaxe a Matisse

Vestido de noiva inspirado na obra "O paxaro e a súa sombra", de Georges Braque.






martes, 22 de noviembre de 2011

Autobombo

Marcapáxinas do blog, un bo proxecto para unha tarde de choiva.








Conrad Roset e as súas musas



   Conrad Roset é un ilustrador catalán que se inspira nas antigas musas gregas para a creación da maioría das súas obras.


Aínda que na súa web se presenta dunha maneira moi austera, cun parco 


"Hello, I'm Conrad Roset, freelance illustrator from Barcelona, Spain.
Currently work on a rage of projects for advertisement agencies, design studios and editorials
Also I'm a professor of illustration in the school of design BAU."


   se comezamos a investigar os seus traballos, veremos pezas para Adidas, Zara, Coca-Cola, Contrapunto, Caixa Forum, Hommu,  etc, etc, etc...


Deseño packaging Cruzcampo

Ilustración para camiseta de Zara
Gráfica para Adidas, con TBWA

   Pero, sen dúbida, o que máis chama a atención da súa obra son os debuxos das súas musas, realizados a centos: 


Aplicación como vinilo, en Hommu.


Oasis Loves U, vídeo promocional para o Hotel Oasis.





jueves, 17 de noviembre de 2011

Ana Juan & New York

   Ana Juan é unha ilustradora que cando se licenciou en Belas Artes, alá por 1982, comezou a colaborar con revistas como La Luna de Madrid e Madriz, debuxando historietas en branco e negro cun certo aire expresionista.
   O seu salto á fama chegou en 1995, cando lle encargaron a súa primeira portada da revista The New Yorker





  Esta valenciana, que en 2010 recibiu o Premio Nacional de Ilustración, xa leva 18 portadas publicadas, superando así a outros mitos como Mariscal ou Max. 



   Portada para o 10º aniversario do 11-S, moi similar á que fixera en 2001 Art Spiegelman (autor de Maus), que foi toda unha lección de sobriedade e deseño.


  Pese a todos estes recoñecementos, Ana Juan segue vivindo en Madrid, onde ten o seu propio estudo de deseño e ilustración, e afirma que ten colgadas as 18 portadas desta publicación no seu baño...

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Arte e Publicidade: acordos e desacordos

   A principios de 1991 a exposición Art&Pub chegou ó  Centro Pompidou de París, onde unha mostra de máis de mil obras exemplificaban cen anos de convivencia entre arte e publicidade, plantexando unha pregunta:

¿Que relación manteñen?

O nexo entre estas dúas disciplinas atópase na creación: a busca e encontro dunha idea que conxugue persuasión e beleza
José mª Ricarte

   Históricamente existen unha serie de autores que compartiron ambas disciplinas: Rodchenko, Chèret ou Toulouse-Lautrec; que impulsaron o nacemento do cartel artístico, moi de auxe na década dos 80.



   Así, nunn primeiro achegamento pódese dicir que o arte serviu como musa á publicidade, aportándolle temas, recursos de composición e de expresión, e conseguindo así unhas mensaxes máis seductoras e persuasivas.

ACORDOS

  • O arte creou dende os seus inicios un código iconográfico e simbólico que na actualidade é coñecido de maneira popular, e que a publicidade adapta ás súas necesidades comunicativas.

A persistencia da memoria, de Dalí, e campaña do Mirador del Alto, Chile.


  • O proceso de creación publicitario pódese comparar ó artístico, en canto que os dous perseguen unha harmonía entre a efectividade e a beleza. O arte busca a beleza á hora de transmitir unha mensaxe, mentres que a publicidade busca a persuasión por medio da beleza para transmitir unha mensaxe ó espectador.

   “non son os pintores senón os espectadores quen fai os cadros Marcel  Duchamp
DESACORDOS

  • A diferencia máis básica entre estas dúas disciplinas é que a publicidade concive a creatividade como unha habilidade, mentres que o arte a asume como un acto de inspiración.

A Marilyn de Warhol e campaña de Ray-Ban
  • A necesidade de funcionalidade da publicidade non é primordial para o arte, como tampouco o é persuadir nin seducir ó público.

  • A idea primordial da publicidade é vender, mentres que o arte mostra interpretacións do mundo, de ideas, sentimentos,...  
Frida Khalo, fotografiada para Vogue París e campaña de Jean Paul Gaultier en 2006

  • O arte busca a vangarda, a renovación continua, mentres a publicidade debe utilizar uns esquemas figurativos que entenda unha maioría significativa de consumidores.

A gran onda de Kanagawa, de Katsushika Hokusai, e valla de Levi´s para unha campaña en 2006.
Polo tanto, pódese concluír que a publicidade recolle os recursos empregados polo arte para adaptalos ós seus propios intereses. Así, consegue a comprensión da imaxe por parte do espectador ó mesmo tempo que o seduce cunha simboloxía popular e o persuade.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Bienvenue!

"Gústame que o deseño sexa semánticamente correcto, sintácticamente consistente e pragmáticamente comprensible. Gústame que sexa visualmente poderoso, intelectualmente elegante e que perdure."

Massimo Vignelli.

Pinta & colorea ó teu gusto sobre ás tendencias e referentes en deseño, publicidade, arte e creatividade.
Un espazo para compartir ideas e mostrar traballos.
Un espazo para descubrir novas maneiras de usar vellas ferramentas.
Un espazo para deixar de pensar coa cabeza e comezar a facelo cos pés.

Benvidos a todos!