As regras eran simples: se querías xogar tiñas que ter un iPhone e descargarte unha aplicación de Hyndai; mediante a cal controlabas un coche de carreiras á vez que o percorrido se estaba proxectando nunha das xigantescas pantallas.
Steve Shannon, vicepresidente de marketing, declaraba: " ter unha pantalla en Times Square crea conciencia entre os consumidores a través dos elementos gráficos creativos. O xogo eleva o nive de participación dos consumidores, convidándoos a interactuar nos escenarios máis céntricos do mundo".