O festival internacional de curtas Curtocircuito, que se celebrará en Santiago de Compostela do 3 ó 11 de maio, convocou un concurso para escoller o cartel deste ano.
O ano pasado éste foi o cartel gañador:
Este ano o gañador foi Guillermo Arias, cun cartel moi contemporáneo e moderno:
Aínda que non puido ser, velaquí as iñas dúas propostas para o concurso:
Antes un CV era un arquivo de Word cunha foto carnet. Hoxe en día a orixinalidade é un valor diferencial á hora de presentarte a un posto de traballo. Ide dándolle unha volta ó tema mentres vedes estes orixinais CV:
Din que a primeira impresión é a que conta e que unha imaxe vale máis que mil palabras... Certo ou non, ter unha boa tarxeta comercial é fundamental para chamar a atención.
Velaquí algúns exemplos de tarxetas do máis creativas:
Nunha sociedade na que priman as apariencias, ó deseño de packaging non lle pasou desapercibido que, cada vez máis, o continente importa máis que o contido. Así, convén sacar toda a creatividade que levamos dentro e pórnos a pensar na maneira máis atractiva de vender dende uns pañuelos de papel ata unha botella de viño.