lunes, 19 de diciembre de 2011

As Lego-noticias


   O diario británico The Guardian acaba de publicar unha galería na que recrea a través do mítico xogo do Lego as noticias máis importantes do 2011. Velaquí uns exemplos: 

Boda Real británica

Os indignados de Wall Street



jueves, 15 de diciembre de 2011

Packaging navideño

   Nestas datas tan sinaladas, tanto polas festas como polo auxe do consumo, ás marcas non lles queda outra que facer ós seus produtos máis atractivos. Velaquí unha selección de packaging navideño, para ir abrindo boca...














martes, 13 de diciembre de 2011

Itunes & The beatles

   Hoxe deuse a coñecer que Apple lanza un novo catálogo dos Beatles en iTunes para estas datas tan sinaladas. En 2010 a gran mazá conseguiu chegar a un acordo coa discográfica EMI para que algúns albumes do grupo inglés estivesen en Itunes e os resultados foron impresionantes: na primeira semana descargáronse 450.000 albumes e 2 millóns de cancións.


   Para publicitar o novo catálogo de iTunes, a axencia TBWA \ Media Arts Lab elaborou un spot baseado nas portadas dos discos da banda. Un resultado impresionante.


Vía: Adweek

lunes, 12 de diciembre de 2011

A polémica chega a H&M

   Fai uns días a cadea de moda sueca admitiu que algunhas das modelos que saían na súa páxina web non eran reais, senón que foran creadas por ordenador.


   Hacan Andersson, portavoz da marca, admitiu que se fotografiaba a maniquís coa roupa posta e despois se retocaba mediante ordenador para conseguir a apariencia humana.


   
   Mentres a polémica se desata en medio mundo, e moitos acusan a H&M de promover unha imaxe do corpo feminino irreal, moi delgado e demasiado "perfecto", o portavoz da marca réstalle importancia explicando que é unha maneira de reducir os costes das caras sesións fotográficas e de que a roupa destaque por riba da modelo.


   Sexa como sexa, o debate está aberto...

viernes, 9 de diciembre de 2011

O Sol trasládase a Bilbao

   O pasado día 2 de decembro resolveuse a incógnita en canto ó escenario do Festival Iberoamericano de Comunicación Publicitaria O Sol, que celebrará a súa 27ª edición en Bilbao.







   Como explicou Enric Pujadas nunha rolda de prensa, o festival precisaba revitalizarse e rexuvenecerse, polo que decidiron cambiar a súa ubicación. Despois dun longo proceso de selección da súa nova localización comunicaron que Bilbao é a cidade idónea polo seu dinamismo e vangardismo. Así, non é de extrañar que o cóctel de benvida se celebre no Guggenheim.


   Parece que polo de agora, ademais de disfrutar do festival, seguiremos degustando os pintxos!


miércoles, 7 de diciembre de 2011

Mapping, a nova tendencia

   Se inundar a cidade de vallas, carteis, novos soportes, organizar flashmobs, etc, etc, etc, non era pouco para presentar un produto nun entorno urbán, agora chega unha nova tendencia: o mapping.
   
   O mapping consiste en proxectar sobre un edificio un video relacionado co produto a promocionar. Moitas veces estes videos interactúan coa arquitectura, creando efectos de movemento no edifio sobre o que se proxecta e xerando unha sensación 4D.


   
   Mapping nun edificio histórico de Dallas para a promoción do filme "The Tourist".


Mapping realizado o mes pasado en Londres para a presentación do novo Nokia Lumia 800, con DJ e festa incluída.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Pantonemanía!

Agora que se achega o Nadal e o intrínseco agobio que producen as compras, imos a darlle un repaso a algúns orixinais agasallos de deseño que se basean nas cores Pantone; un sistema de identificación da cor que se utiliza nas artes gráficas.

   Collede un lápiz, a carta ós Reis e apuntade:




Gomas de borrar

Pen drive

Carteiras


Bolas para a árbore de Nadal

Reloxos


Tazas

Bolsos
Cepillos de dentes
Funda para Iphone
Bicicleta

Cubo de Rubik

Rotuladores


Abanico


Báscula

Dende logo, hai moito onde escoller...