jueves, 22 de diciembre de 2011

Zocas Novas chega á Coruña

   Zocas Novas é un proxecto levado a cabo pola asociación Creatividade Galega, coa que se quere dar a coñecer a actividade creativa galega.



   O exercicio era moi simple: unhas zocas de madeira, pintura, inxenio e moito humor. O resultado: 50 pares de zocas "tuneadas" que mostran a creatividade e retranca galega ó 100%.


Nesta iniciativa participaron axencias e estudos galegos, como por exemplo Imaxe, Zumo Estudio, BAP&Conde, Fusion, Ovo Publicidade, Canal 1, Empatía e moitas máis.


   Despois dun longo percorrido por Madrid, Ourense, Vigo e Pontevedra, esta exposición itinerante chega hoxe á Coruña, onde se pode visitar ata o 4 de xaneiro na Fundación Paideia Galiza.
  O 4 de xaneiro, os 50 pares de zocas serán subastados con fins benéficos, pero mentres tanto, animádevos a ver 50 ideas creativas plasmadas en 50 pares de zocas de madeira.





No hay comentarios:

Publicar un comentario