viernes, 30 de diciembre de 2011

Carreiras de coches en Times Square

   A concurrida Times Square de NY converteuse no escenario idóneo para que a marca de coches Hyndai realizara unha tremenda campaña mediante carteis interactivos.


   As regras eran simples: se querías xogar tiñas que ter un iPhone e descargarte unha aplicación de Hyndai; mediante a cal controlabas un coche de carreiras á vez que o percorrido se estaba proxectando nunha das xigantescas pantallas.


   Steve Shannon, vicepresidente de marketing, declaraba: " ter unha pantalla en Times Square crea conciencia entre os consumidores a través dos elementos gráficos creativos. O xogo eleva o nive de participación dos consumidores, convidándoos a interactuar nos escenarios máis céntricos do mundo".



Podes ver o vídeo aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario