Fai uns días a cadea de moda sueca admitiu que algunhas das modelos que saían na súa páxina web non eran reais, senón que foran creadas por ordenador.
Hacan Andersson, portavoz da marca, admitiu que se fotografiaba a maniquís coa roupa posta e despois se retocaba mediante ordenador para conseguir a apariencia humana.
Mentres a polémica se desata en medio mundo, e moitos acusan a H&M de promover unha imaxe do corpo feminino irreal, moi delgado e demasiado "perfecto", o portavoz da marca réstalle importancia explicando que é unha maneira de reducir os costes das caras sesións fotográficas e de que a roupa destaque por riba da modelo.
Sexa como sexa, o debate está aberto...
E logo a roupa non luce igual nun corpo normal? teñen que usar bonecas de plástico, as únicas que poden parecer normais nese grado de delgadez. Postos a facer humanos, facelos ben, ou qué?
ResponderEliminar